Logs en Apache

Todas as peticións que fai un cliente web e todos os erros que se producen mentres o servidor web está activo quedan rexistrados nos chamados ficheiros log.

O teu traballo:

1.Averigua onde están gardados os teus ficheiros log, tanto error.log coma access.log usando o comando:
apachectl -S

2. Unha nova para aprender: o comando tail como sabes mostra o final dun ficheiro. Se engadimos tail -f daquela queda agardando algún evento e podemos ver en tempo real o que acontece no apache.

tail -f  /var/log/apache2/access.log

deixa o terminal e actualiza no cliente a páxina web. Que acontence no servidor? Mostra unha captura cando resolve ben e outra cando hai un fallo.

 

Deixar un comentario