Supoño que sabedes o que é un warning. Non é importante pero estorba. Cando facemos a instalación de apache2 e para comprobar a sintaxe executamos un dos comandos:
apachectl configtest
apachectl -t
resulta que obtemos o que está catalogado como warning AH00558
O teu traballo:
Como contan neste blog engade ó final do ficheiro /etc/apache2/apache2.conf a directiva
ServerName localhost
É un warning, non é importante pero xa que tentamos facer un pouco ben as cousas non está de máis. Mostra que o fixeches no teu caderno electrónico.
Recargamos o ficheiro de configuración
systemctl reload apache2.service
Comprobamos se só dá Syntax OK cos comandos de comprobación da sintaxe.

