Agora tocan os ficheiros de configuración. Xa temos un modelo que nos vai vir estupendamente: lembrades 000-default.conf pois imos copialo e personalizalo para non ter que teclear todo de vez.
O teu traballo:
1.Imos inspirarnos no ficheiro de configuración que trae de fábrica, ou sexa, copiazo directamente:
cd /etc/apache2/sites-available/
cp 000-default.conf sitioXX.conf
2.Temos así un ficheiro de configuración sitioXX.conf con xusto o mesmo có de fábrica. Temos que preparar o noso:
Cal é o nome do noso sitio?
Cal é a ruta do noso sitio?
Revisa a sintaxe por si acaso e fai captura do teu.
3. Agora que estamos en sites-available queremos habilitalo e que estea en sites-enable. Descubrimos o comando:
a2ensite sitioXX.conf
Está nos dous directorios?
4. Imos deshabilitar a configuración de fábrica:
a2dissite 000-default.conf
Veña que xa vai!!! Decatádevos que nos manda facer un reload.
5. Correndo ó cliente por ver se vai. A min siiiii:👏👏
6. Aínda non está ben de todo… alguén nota o que pasa?
Eso xa é cousa vosa: Pode que no servidor DNS ou pode que no /etc/hosts



