Xa vimos que en /etc/apache2 temos unha chea de ficheiros e directorios. Imos desmenuzar o que alí atopamos.

O teu traballo:
1.Cal é o ficheiro de configuración principal?
2. Cal é a diferencia entre o contido de conf-enable e conf-available?
3.Cales son os ficheiros de configuración teus que estarán activos a próxima vez que arranques apache2? Fai unha captura de pantalla.
4.Como se crean as ligazóns simbólicas en apache2?
5. Como podo saber se a sintaxe dos meus ficheiros de configuración é correcta?
6.Onde podo averiguar a configuración do sitio web que trae de fábrica e que está en funcionamento?
7.Averigua e mostra o contido dos ficheiros .log de /var/log/apache2/ Fai unha captura de pantalla da saída deses ficheiros (chegan as dúas derradeiras liñas)
