Xa temos instalado a interfaz web para administrar servidores. Comezamos polo servidor de DNS. Non temos instalado bind9 pero non hai problema: webmin vaise decatar e vainos preguntar se queremos.
O teu traballo:
1.Arranca o navegador con https://uservidorXX:10000
2.Na barra lateral fai clic en Un-used modules/BIND DNS server
3.Efectivamente cómpre instalar bind9

4. El fai o traballo, incluso instala as net-tools que nós tivemos que facer a man. Abaixo de todo actualiza os módulos para que o de DNS pase a estar en Servidores
5.O primeiro que temos que facer é crear as zonas. Baixando pola pantalla:

6. Tradicionalmente comezamos pola zona directa (por esas cousas da tradución aquí chámase Reenvío. Invento un nome de dominio novo e obrígame a poñer un correo:
7. Aínda non lle dixemos a IP. Lembrades aquelo dos rexistros AAA e tamén o rexistro A:
8. Temos que cubrilo co hostname do servidor DNS maila súa IP:
9. O mesmiño para a zona inversa. Sae un popup que nin teño que teclear os datos:
xa se encarga de facer aquelo de in-addr.arpa ou de crear ficheiros db.xxxxx.xxx
10. Por aquí estamos e aí mesmo facemos clic para editar a zona maestra:
11. Agora aquelo que ía nos ficheiros de configuración. Xa pon el os puntiños finais
13.O equivalente a status, restart, stop:

Obtemos algún erro? Sempre podemos “Edit Config File”

