OnlyOffice en Docker

Xa temos no noso docker un sistema de arquivos na rede pero é interesante que teñamos unha aplicación parecida ao office de Windows. Veredes que sinxelo.

O teu traballo:

  • Estamos na rede correcta? Paramos todos os contedores que teñamos funcionando. Podes usar portainer ou
    sudo docker stop numeritoID
  • Visitamos a páxina oficial  ou ben a DockerHub e collemos o código que nos interesa:

sudo docker run -i -t -d -p 8111:80 -v /app/onlyoffice/DocumentServer/logs:/var/log/onlyoffice -v /app/onlyoffice/DocumentServer/data:/var/www/onlyoffice/Data onlyoffice/documentserver

Cal é a diferencia con facelo con:

sudo docker run -i -t -d -p 8111:80 --restart=always \
    -v /app/onlyoffice/DocumentServer/logs:/var/log/onlyoffice  \
    -v /app/onlyoffice/DocumentServer/data:/var/www/onlyoffice/Data  \
    -v /app/onlyoffice/DocumentServer/lib:/var/lib/onlyoffice \
    -v /app/onlyoffice/DocumentServer/db:/var/lib/postgresql  onlyoffice/documentserver

En realidade… xa está. Indo a http://localhost:8111

Pero nesa páxina aconsellan que fagamos unha proba de funcionamento. Somos ben guiadiños e facemos tal. Vai? Veña a facer un documento de cada tipo e descargalo en .pdf

Podemos aproveitar  para explicar a razón pola que hoxe o código é tan longo con tantos -v. Ide ás rutas que indica entre os -v e os dous puntiños. Sabemos o que son os volumes persistentes?