Agora que xa sabemos teclear HTML, CSS e un chisco de JavaScript imos aproveitar que en internet atopamos paquetes que podemos usar para crear a nosa aplicación web: xestores de contidos, comercio electrónico, enciclopedias, etc. Imos instalar nunha máquina virtual un paquete (metapaquete) que se chama XAMPP. 
O teu traballo:
- Que é XAMPP?
- Cal é o contido de XAMPP?
- Averigua o que é mysql e php
- Cal é a diferencia entre mariadb e mysql?
- Instalemos XAMPP en modo gráfico dende a súa web (versión Linux) ou a versión portable para Windows.
- Consulta na FAQ a pregunta ¿Cómo instalo XAMPP? e faino.
- Instalamos moitos ficheiros. Comproba:
tree -L 1 /opt/lampp
- Na mesma web consulta ¿Cómo inicio XAMPP? Fíxate ben que hai dous xeitos: arrancar e xa ou ben que salte o modo gráfico. Hoxe imos escoller esta:
sudo /opt/lampp/manager-linux-x64.run &
- Se todo vai ben arranca soa unha xanela. Cotillea o que sae:
8. Arranca o servidor web chamado Apache e tamén a base de datos.
9. Vai a un navegador e teclea http://localhost Comproba que sae a páxina que trae de fábrica.
10. Se miras no ficheiro de configuración de apache2 o usuario que usa chámase daemon e o sitio web que saen en pantalla deben estar en /opt/lamp/htdocs. Personalízaa un chisco.
11. Comandos dispoñibles : sudo /opt/lampp/lampp (si, si, tal cual repetido)
Agora tócache a ti subir este traballo:
Sube unha captura na que se vexa que tes instalado e funcionando XAMPP e a páxina web modificada de tal maneira que cando arranca salte unha alerta en JavaScript dando as boas tardes da túa parte.