Imos ver como cambiar o tema que trae de fábrica.
O teu traballo:
Visita a páxina onde fala de templates e busca aló en baixo o tema que te pareza máis interesante. Eu vou escoller GreenSteel Template facendo clic sobre o título para ver a pinta que ten. Teño que seguir as instrucións de aquí como di no tema:
- No navegador entro no meu dokuwiki co nome de super-user que escollín ao configuralo. Vou a Extension Manager e á lapela Search and Install e tecleo o nome do tema que escollín. Premo Install:

- Agora que está instalado temos que activalo no Configuration Manager:

- Abaixiño de todo clic en Gardar. No meu xa se pode ver. Non sei eu se me gusta moito pero teño uns 180 para elixir. Ese de ArgonTemplate…
- Volvendo a Adminsitración podedes tunear un chisco o voso tema no apartado Template Style Settings.
