En canto teñas instalado o dokuwiki tes que ir creando as páxinas. Tes dúas posibilidadades:
- Ir á lupa e poñer o nome da páxina e creala despois
- Comezar a escribir e cando chegues a unha palabra que sexa unha ligazón a outra páxina propia (internal link) podes poñela entre dobre corchete.
- Para poñer categorías (namespaces) consulta aquí

O teu traballo:
- Busca un tema para a nosa wikipedia de andar por casa: xardíns?
- Crea alomenos cinco páxinas que enlacen entre elas e teñan imaxes.
- Entra co teu nome de usuario e busca o Extension Manager (Administrador de extensiones)
- Vai á lapela que permite buscar extensións.
- Instala a extensión que se chama color plugin para usar coloríns.
- Atopei vshare que é un plugin para inserir vídeos no wiki.
- Pescuda como facer para que o teu usuario e outro chamado sabio sexan os únicos capaces de modificar o teu wiki.
Publica capturas de pantalla das túas cinco páxinas, do Sitemap (Índice) e mostra que tes o usuario sabio
