Falamos dun programa moi interesante chamado Wireshark. Permite analizar todos os paquetes que entran e saen dunha rede. Imos usalo para repasar todo o aprendido sobre protocolos de rede e capas e todo eso
que sabemos.
O teu traballo:
- Comproba que temos o programa na nosa máquina virtual e arráncao.
- Vai á roda de Capture Options e escolle a interfaz de rede, normalmente eth0

- Na barra onde están os botóns fai clic para que empece ou pare a captura dos paquetes que pasan pola nosa máquina. Por certo, cal é a IP da túa máquina?
- Indo a Edit/Preferences/Layout podes poñela ao teu gusto. Fai a proba de escoller no Pane3/Packet Diagram e lembrar os formatos dos paquetes. Igual neste Pane 3 tes que pedir explicitamente os datos co botón da dereita.
- Cales son os protocolos que máis detecta?
- Abre un terminal e fai un ping a calquera sitio. É Wireshak quen de detactalo? Fíxate neso de replay/request
- Lembrades aquel servidor que usamos para xogar vai boa?
- Visita a web do museodelprado.es. Cantos protocolos envían e reciben paquetes na rede? Teclea agora mal a URL, que é o que acontece?
- Abre agora o teu XAMPP (se o tes instalado) e intenta entrar nalgunha das túas aplicacións web. Nota wireshark o que estamos facendo?
- Para facer máis probas.
- Para aprender moito máis no INCIBE
