Responden moi ben á pregunta de que é Docker nesta páxina web. Compáranse aos contedores de Docker coas máquinas virtuais, pero nesta páxina temos as diferencias. Hoxe en día xa está todo dockerizado e temos que achegarnos a esta tecnoloxía. Imos dockerizar aplicacións web pero se revisades o Docker Hub daríades descargado para facer de todo!!!
O teu traballo:
Primeiro descargamos Docker e xogamos un chisco con el:
- Nunha máquina virtual, por exemplo aproveitamos a kali/debian coa que traballamos instalamos Docker como indica a páxina oficial.
- O primeiro que se fai sempre é a tradición:
sudo docker run hello-world- Ben sei que está en inglés pero botádelle unha leída. Conta nun plis como vai todo esto.
- Imos xogar un chisco con Docker. Instalamos un ubuntu sen entorno gráfico:
sudo docker run -i -t ubuntu /bin/bash - Diríades que descargou todo o sistema operativo? O que trae é ben cativo, pero é ubuntu. No terminal que aparece tecleamos:
more /etc/lsb-release - Este contedor de ubuntu trae tree instalado? Cal é o nome de usuario? E o hostname? Podemos facer ping dende dentro do contedor? Se queremos saímos con
exit - Como sei se funciona? Teño os contedores hello-world e o de ubuntu?
sudo docker ps -apara ver todos os contedores que teño preparados.
sudo docker pspara ver os contedores arrancados. - Notade que aparece unha especie de identificador para cada contedor
- Se queredes volve a arrancar un contedor abonda con:
sudo docker start IDeseDeLetraseNumeritos - Que tal transformalo nun servidor web, ou un DNS… ou se tal un servidor de correo?

Unha opinión sobre “Docker”