Proxecto 4: conversores

Unha ducia de ovos son 12 ovos.Imos pedirlle á folla de cálculo que nos faga a conta de cantas ducias son 2342 ovos ou cantos ovos son 23,4 ducias.

O teu traballo: 

Fai un script que pregunte as unidades para convertir:

  • doulle km e convirte a m
  • doulle dólares e convirte a euros
  • doulle Gb e convirte a bytes
  • doulle horas e convirte a segundos

En cando teña a solución pregunta ao usuario se quere volver a comezar.

Proxecto 3: xogo acertar

Teodosio inventa un número entre 0 e 100 e todos temos que acertalo. Imos dicindo números e Teodosio só pode dicir: “O número que inventei é menor (ou maior) do que ti dis” Aos poucos entre todos temos que ser quen de descubrir o número inventado por Teodosio.

O teu traballo:

E se Teodosio é un script nunha páxina web? Programa tal script creando unha carpeta no teu repositorio que se chame px3_acertar

Pode que no meu repositorio teñas algunhas pistas e pode que axude a tarefa 9 ou o bucle while do exercicio 5

Proxecto 2: álxebra

Outro xogo para que os  peques da familia fagan contas. Preguntamos ó  chiquitín dous números e dámoslle o resultado de sumalos, restalos e multiplicalos.

O teu traballo:

  1. Crea unha carpeta chamada prox2_calculadora e súbeo ó teu repositorio
  2. Programa en Javascript usando obligatoriamente funcións o xogo proposto.
  3. Mellora o xogo para que poda xogar tres veces seguidas.

Proxecto 1: caixa veloz

O súper da esquina quere evitar as colas da xente que leva poucos productos.  Queren que  o/a caixeiro/a teclee os prezos dos tres productos que leva o cliente e en pantalla apareza a suma total. Por suposto que nos contratan xusto a nós para que resolvamos o problema (moito non van pagar).

O teu traballo:

Co estilo das carpetas do noso repositorio fabrica un .html, css e .js que pregunte os prezos e mostre nunha páxina web o tiquet cun formato traballado. (IVE desglosado?)