Bootstrap para masterchefeiros

Como se traduce do inglés framework? Non che sei. Pero imos traballar cun framework do mesmo xeito que aquel proxecto das tarxetas. Eu douvos un repositorio e ides ter que argallar. O noso plan: acaban de contratarnos para facer un sitio web en bootstrap sobre recetas de cociña da avoa.

O teu traballo:

  1. Fai un fork do proxecto que eu xa comecei
  2. Modifica todo o que se te ocurra. Engade alert e tamén imaxes cos bordes redondeados, por exemplo.
  3. Anota no wiki do teu repositorio todo o que vas cambiando
  4. Lembra que temos que falar de recetas de cociña.
  5. Consulta esta páxina estupenda para seguir engadindo clases de Bootstrap.
  6. Sube o teu sitio web ao teu GitHub.

Bootstrap

Seguimos a páxina principal do proxecto para que deades feito páxinas en Bootstrap 4. Comezamos coa nosa vella amiga w3schools.

O teu traballo:

  1. Investiga o que é a descarga compilada,  o código fonte ou BootstrapCDN
  2. Cales son as liñas que cómpre meter sempre nun proxecto Bootstrap4? Por aquí?
  3. Cal é a idea de “responsiveness”? Que liña de código a garantiza?
  4. Que é o modelo de rella (grid)? Cantas clases ten?
  5. Que son e cales son os tipos de contenedores?
  6. Cantas clases con alertas hai? Como se chaman?
  7. Investiga o asunto das tipografías.
  8. Podes atopar algunha ligazón con temas gratuítos?
  9. Existe algunha extensión para VSCode para usar Bootstrap?
  10. Unha páxina de referencia de todas as clases.