Temos a web estática de i-rochiño e alí aprendemos como ir creando sitios web cada vez máis dinámicos. Nalgúns casos precisamos facer pequenas probas e ter que crear carpeta cos seus .html, .css, .js non paga a pena. Os navegadores facilítannos o noso traballo.
O teu traballo:
- En Firefox teclea F12 ou co botón da dereita clic en Inspeccionar.
- Escolle a lapela chamada Consola.
- Teclea algo así como
alert(3+3)e despois intro - Agora imos usar o navegador como un “terminal de JS”: teclea
console.log(4+4) - O navegador pode incluso ser un sinxelo editor de texto se premes Ctrl B e lembras que para executar podes darlle ao triángulo Ejeutar ou o atallo Ctrl Intro á vez.
- Fai algunhas probas para xogar cos tipos de datos:
-
console.log("5*5")console.log("5" + "1")console.log("4+4" + 5 + 5) //olliño aquíconsole.log("Hoxe é día.. " + 4)
-
- Consultamos aquí para poñer comentarios.
