As nosas páxinas web só mostran contido, presentación bonita pero non interacionan co usuario. Só os formularios fan algo así pero non lles sacamos moito partido.
Neste tema imos aprender un nadita de programación. A idea é que vexades como vai eso de teclear código, palabras chave, sintaxe, erros chorras que te amargan unha tarde.. en fin, o normal.
O teu traballo:
Crea un repositorio en GitHub que se chame JavaScript. Pon a ligazón a este repositorio no teu blog.
- Vai escollendo o editor co que queres traballar. Procura aprender a usalo: aforras moito tempo!!!
- Estamos de mudanza. Neste tema deixamos WordPress. Terás que facer tooodas as tarefas que se propoñen na web estática de i-rochiño.
- A nosa referencia neste tema serán as páxinas de mozilla.
- En que navegador funciona? Que é ECMAScript?
