Bootstrap con carrusel

Photo by Jeff Sheldon on Unsplash

Imos dar un pasiño máis. Queremos que a nosa páxina web en Bootstrap teña unha pequena presentación na que ao facérmonos clic  vaian pasando as imaxes, como  nesta web que atopei.  Botade un ollo á que sempre usamos de w3schools,  na oficial ou tamén esta é chula.

O teu traballo:

Fai unha coleción de fotos con boa resolución de recetas de cociña.

  • Usa GIMP para poñelas dun tamaño axeitado: Menú Imagen/Escalar imagen… Non gardedes, mellor: Menu Archivo/Exportar como…
  • Para quitar o fondo branco esta entrada antiga

O teu index.html ten que ter un carrusel.

Insire   o código deste gist e modifícao para que quede estupendo na túa web.

Bootstrap para masterchefeiros

Como se traduce do inglés framework? Non che sei. Pero imos traballar cun framework do mesmo xeito que aquel proxecto das tarxetas. Eu douvos un repositorio e ides ter que argallar. O noso plan: acaban de contratarnos para facer un sitio web en bootstrap sobre recetas de cociña da avoa.

O teu traballo:

  1. Fai un fork do proxecto que eu xa comecei
  2. Modifica todo o que se te ocurra. Engade alert e tamén imaxes cos bordes redondeados, por exemplo.
  3. Anota no wiki do teu repositorio todo o que vas cambiando
  4. Lembra que temos que falar de recetas de cociña.
  5. Consulta esta páxina estupenda para seguir engadindo clases de Bootstrap.
  6. Sube o teu sitio web ao teu GitHub.