HTML tidy

Temos varios ficheiros .html e cando os mostra o navegador vemos as páxinas web. Está ben escrito todo? Estamos conformes ós estándares de publicación web? Aquí temos unha pequena guía de estilo a seguir.

O teu traballo:

Temos ferramentas para validar os nosos ficheiros: HTML tidy

Sube os teus ficheiros .html a esa páxina e fai capturas de pantalla do resultado obtido. Se resulta un tanto desastroso mellora as túas páxinas para que non obteñas erros e as menores advertencias posibles.

 

Contratados para o turismo

O noso proxecto é montar un sitio web de promoción turística  publicalo no estupendo github.io

O teu traballo:

  1. Tecleamos ficheiros .html con alomenos un ficheiro index.html
  2. Ten que ter imaxes, todas do mesmo tamaño.
  3. Un pequeno logo en todas as páxinas feito con <svg>
  4. Un vídeo e un audio descargado na túa carpeta que se visualice nunha das páxinas web.
  5. Unha barra de navegación cunha táboa na parte inferior para visitar todos os .html
  6. Un formulario para indicar o noso destino e as datas de ida e volta no index.html
  7. Iconos e emoticonos variados.
  8. Busca de Google.
  9. Algún elemento da web semántica.
  10. Valida o código e móstrao nunha captura de pantalla.
  11. Publica a URL en github.io do teu sitio.

Publicar en GitHub

Imos subir os nosos sitios web a GitHub. É unha rede social para desenvolvedores de software e úsase  para otras moitas cousas pero nós imos comezar dominando os commit e fork e conceptos sinxelos.

O teu traballo:

  1. Crea unha conta en GitHub e pon unha ligazón dos teus repositorios no teu caderno electrónico.
  2. O teu primeiro repositorio ten que chamarse atúaconta.github.io
  3. Acepta a creación dun README.md
  4. Navega ata atúaconta.github.io
  5. Sube os ficheiros que fixemos.
  6. Engade as URL seguintes: a do teu sitio web e a do teu GitHub.
  7. Navega ata o proxecto dun compañeiro e fai fork do seu repositorio.