Temos no noso repositorio en GitHub un ficheiro que se chama README.md que imos poñer ó noso gusto. Cómpre escribilo en Markdown que é unha especie de HTML rápido e sinxelo.
O teu traballo:
- Edita o ficheiro README.md do teu repositorio. Aprende a sintaxe de Markdown aquí, da páxina do inventor, ou nesta outra. Emprega todos os elementos que desexes para que quede interesante a páxina de presentación do teu repositorio. Mostra unha captura
- Vai á lapela Wiki do repositorio (ver debuxo) e explica os teus cambios no proxecto das tarxetas. Engade dúas ligazóns no teu caderno: unha para ver o teu README.md e otra que nos leve directamente ó teu wiki.
- Como activamos a posibilidade de usar Markdown nos nosos wordpress.com?
- Existen editores de Markdown online que convirten o ficheiro.md nun ficheiro.html. Proba por exemplo este. Mostar o teu traballo. Nalgúns casos podes exportar a .pdf



