Recursos HTML e CSS

Imos ir xuntando aquí se vos parece sitios web para ter a man:

 

Sitio web de turismo

Subide ao voso repositorio o sitio web co que traballamos este trimestre. Todo o que vimos persoalizado en CSS:.

  • Un par de tipografías.
  • Uso variado das medidas en CSS.
  • O indicado no post Propiedades en CSS.
  • Comentarios por todas partes.
  • Uso de clases para persoalizar CSS.
  • Etiquetas de bloques con propiedades tipo display, float e clear
  • Etiquetas semánticas.

que vén sendo o que dixemos en Contratados para o turismo ampliado co novo que aprendemos estes días.

Lembra subilo ao repositorio que indicaches no teu blog de wordpress.

Colocando elementos na páxina web

Imos colocar imaxes, texto e calquera elemento que teñamos nos nosos .html para que o resultado sexa aínda mellor que o que temos 🙂 Abordaremos hoxe tres propiedades moi útiles en CSS: float, clear e display. Como xa sabemos, imos fabricar clases novas para usalas.

O teu traballo:

.flotar { float: left; padding: 5%}

  • Agora engade a clase seguinte:

.colocar { clear: left; }


<body>
<img src="logo.png" class="flotar">
<p class="colocar"> Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Morbi mauris nunc, pharetra sed dapibus at, condimentum id est. Vivamus in nisl tincidunt, congue urna ut, porttitor turpis. Curabitur varius laoreet lectus, vel gravida dolor commodo non. Aliquam nec eros quis nulla tincidunt malesuada id quis lorem. Duis egestas, tortor ac iaculis mollis, sem ante tristique turpis, eget sollicitudin dui ante at diam.
</p>
</body>

  •  Lembrade que para traballar con clear temos que ter un elemento colocado e modificar a súa posición como contan aquí. Para aprender moitísimo consultade esta páxina.
  • Cambia os valores de float e clear. Úsaas nas túas páxinas web. Se cadra precisas modificar os recheos arredor das imaxes. Fai as túas probas ata que quede chulo.
  • Proba as posibilidades da propiedade de CSS chamada display Engade no teu ficheiro .css esta propiedade, por exemplo onde teñas unha lista pon display: inline; Fíxate ben o que acontece cos elementos da lista.