Xa temos o contido das nosas páxinas web usando HTML. Agora queremos poñelas chulas e mellorar o seu estilazo: cores, marxes, ..
É o momento de aprender CSS. Imos meter nun ficheiro na nosa carpeta web onde describamos a pinta que vai ter o que vai en cada etiqueta de HTML. Hai tres xeitos de facelo. Nós imos aprender o máis complexo 😉
O teu traballo:
- Crea na carpeta do sitio web un ficheiro que se chame estilazo.css
- Engade na cabeceira de todos os teus .html a etiqueta:
<link rel="stylesheet" href="estilazo.css">
- Colle ideas deste ficheiro para o teu .css e actualiza a páxina no navegador.
Un ficheiro algo máis complexo aquí.:
This file contains hidden or bidirectional Unicode text that may be interpreted or compiled differently than what appears below. To review, open the file in an editor that reveals hidden Unicode characters.
Learn more about bidirectional Unicode characters
| body { | |
| font-family: "Times New Roman", serif; | |
| background-color: #d8da3d; } | |
| h1 { | |
| text-align: center; | |
| font-family: sans-serif; } | |
| h2 { | |
| text-align: right;} | |
| p { | |
| margin-left: 80px; | |
| font-size: 14pt; | |
| color: green;} | |
| a:link { | |
| color: blue; } | |
| a:visited { | |
| color: purple; } |
Seguimos coas páxinas oficiais para ir de vagar. Fai unha lista de propiedades de CSS que podes engadir na túa folla de estilos. Complétaa con algúns dos valores desas propiedades que te parezan máis interesantes. Hai miles!!


