Repasito html

Na nosa habitual páxina de consulta podemos atopar un test. 

O teu traballo: 

  1. Intenta resolvelo ata sacar un 40. Vale consultar en internet.

  2. Completa no teu blog coas etiquetas ou a nova información que lograras.

HTML con semántica

Pescuda por internet sobre o que din que é o futuro das páxinas web: a web semántica. Que é o que ofrece HTML para traballar nela?

O teu traballo:

    • Busca unha explicacionciña do que é a web semántica. Fai unha lista das novas etiquetas de HTML5 e a súa utilidade
    • Mira neste repositorio en GitHub para ler a idea deste exercicio.
    • Descargade  ou clonade a carpeta e probade a ver o .html nun navegador.
    • Cambiade o texto para personalizalo un pouco.
    • Cambia cores e aliñacións no CSS.
    • Modifica os iconos.
    • Trata de modificar propiedades máis avanzadas.
    • Súbeo ó teu github.io
    • Pon a ligazón ó teu traballo recén subido na portada.

Formularios avanzados

Falamos da diferencia nos formularios de usar o método GET e o POST. Faremos agora o que se chama un análise de código, ou sexa imaxinar o que vai pasar.

O teu traballo:
Imos ver un pequeno anaco de código. Insíreo no index.html do teu sitio web e trata de entender como funciona.

<FORM method="GET" action="http://www.google.com/search"&gt;
<table>
<tr>
<td>
<A HREF="http://www.google.com/"&gt;
<IMG SRC="http://www.google.com/logos/Logo_40wht.gif&quot; ALT="Google"></A>
<INPUT TYPE="text" name="q" size="31" maxlength="255" value="">
<INPUT TYPE="hidde"n name="h"l value="es">
<INPUT type="submit" name="btnG" VALUE="Búsqueda Google">
</td>
</tr>
</table>
</FORM>