Temos varios ficheiros .html e cando os mostra o navegador vemos as páxinas web. Está ben escrito todo? Estamos conformes ós estándares de publicación web? Aquí temos unha pequena guía de estilo a seguir.
O teu traballo:
Temos ferramentas para validar os nosos ficheiros: HTML tidy
Sube os teus ficheiros .html a esa páxina e fai capturas de pantalla do resultado obtido. Se resulta un tanto desastroso mellora as túas páxinas para que non obteñas erros e as menores advertencias posibles.
