Cotilleando nas tripas

Comezaremos tratando de entender como son as intimidades das páxinas web. O teu navegador seguro que ten un menú que permite ver o código que tecleou o autor. Caseque sempre vale o atallo F12

O teu traballo:

Visita algunha das páxinas de i-rochiño e preme F12. Chámase etiqueta ou tag á palabra que vai entre <…..> Trata de imaxinar o que poden significar esas etiquetas comparando o código coa visualización da páxina.

Visita unha páxina dun xornal que ti elixas. Manipula o texto de tal maneira que sexas ti protagonista desa noticia. Cambia incluso a foto. Fai unha captura de pantalla e publica no teu blog un post co resultado.