Benvidos/as ao curso 2022-23

Este blog (chamado iCaderno) será onde traballaremos este ano no módulos de Seguridade Informática e Aplicacións Web. Facede as pescudas que vos pete por el: vai ser onde teñades que consultar todo o que imos facendo.

Este é o meu iCaderno pero vós tamén tedes que ter o voso propio. Velaí vai o voso primeiro traballiño.

Foto de Grigory Mikhaylov en Unsplash

O teu traballo:

  1. Crea unha conta en gmail para traballar nestes módulos.
  2. Crea un blog en WordPress. A poder ser que teña un identificador co que te podamos identificar 😉
  3. Tunea debidamente para que non quede nada do que trae de fábrica: título, texto,… Que quede chulo!!!
  4. Engade dúas categorías: unha para cada módulo: Seguridade Informática Aplicacións Web.
  5. Teclea o primeiro artigo no que saúdes a todos; ten que pertencer ás dúas categorías. Pon alomenos unha imaxe.
  6. Na mesma entrada pega o meu logo e ao facer clic nel que sexa unha ligazón a este blog meu tan estupendo.
  7. Envía nos comentarios deste artigo meu a URL do que a partires de hoxe vai ser o teu iCaderno.
  8. Confirma que puxen a túa URL no meu menú de i-Cadernos 2022-23