HTML multimedia

Que aburrido parece o que temos ata agora. Imos aprender a incrustar audio e vídeo.

O teu traballo:

Descarga un ficheiro de audio e outro de vídeo (chiquitines, por favor). No teu sitio web turístico méteos nunha carpeta que se chame multimedia.

Consultando  w3schools pescuda:

  1. Cal á a etiqueta para engadir audio e vídeo?
  2. Cal é a etiqueta para indicar a ruta e o nome do ficheiro de audio ou vídeo? Cando poño dúas veces esa etiqueta?
  3. Que aporta engadir o atributo controls?
  4. Pon un vídeo e un audio no teu sitio web turístico.
  5. Facede un debuxiño sinxelo nas vosa páxinas turísticas. Aprendende aquí co uso da etiqueta svg

Para moi avanzados!!!! Se e queredes mooooito máis con canvas complícase pero quedan chuladas

Formulario de benvida en html

Clic para ampliar

Non van ser moi útiles se non sabemos PHP pero imos indo.

O teu traballo:

  1. Consultando aquí e tamén en w3schools trata de facer un formulario coma o da imaxe.
  2. Engade algún outro elemento que non apareza na imaxe e do que fale w3schools.
  3. Engade no teu sitio web un formulario que teña que ver co tema que estás tratando.

 

Táboas en HTML

As táboas teñen unha etiqueta para indicar onde comeza e onde remata, outra para saber onde comeza cada fila ou ringleira e outra para ir metendo dato a dato.Table Creation in HTML • Vertex Academy

O teu traballo:

  • Que tal botar un ollo a esta páxina? 
  • Que significan as etiquetas <tr>, <td>, <th> ?
  • Cal é a etiqueta para poñer un título á táboa?
  • Engade nunha entrada no teu caderno electrónico que teña unha táboa directamente na lapela HTML do editor de wordpress.
  • Pon táboas nos teus .html

Axudiña: Para xenerar táboas e copiar e pegar o código

Imaxes e atributos en HTML

Hoxe imos engadir fotos e debuxos coa etiqueta <img.  Dentro da etiqueta temos que indicar cal é a imaxe que queremos poñer na páxina. Precisamos o atributo src=""

O teu traballo:

Fai unha pequena galería de imaxes na túa carpeta.

Xoga con este exemplo para ver a pinta da foto cambiando os atributos. Cal é o atributo que fai a imaxe máis alta ou estreita?

Consulta esta páxina para aprender como colocar fotos nas túas páxinas

Ligazóns nas nosas páxinas

Polo de agora temos uns ficheiros.html nunha carpeta. Imos enlazalos de tal xeito que podamos ir dun a outro facendo clic. A etiqueta ten o nome máis curto de todas: <a> co atributo href=. Unha axudiña nesta  páxina.

O teu traballo:

 

Os teus ficheiros  teñen que ter ligazóns co resto das páxinas do teu sitio web nunha barra de navegación. Averigua o que é.

Como é o HTML para que ó facer clic nun debuxiño volva á portada?

Como poñer unha ligazón a unha páxina de internet? Por exemplo  ao voso blog a esta 😉 usando o logo