Sube a temperatura do planeta?

Fálase do quencemento global e do antropoceno pero imos facer as nosas propias gráficas. Busquei os datos en sitios que parecen fiables: NOAA que é unha axencia estadounidense que recopila datos de temperatura. Para que a descarga sexa máis sinxela atopei que na FAO, unha organización da ONU, facilítase a descarga.Deshielo de glaciares

O teu traballo:

  1. Visita a páxina da FAO e escolle as opcións que che resulten máis interesantes, p.e datos de Europa, de variación de temperatura, por ano meteorolóxico (alá abaixo) e se queres de todos os anos dos que ten rexistro. Para nós é habitual usar a coma nos decimais.
  2. Descarga os datos, escolle baixar un ficheiro .csv e ábreos nunha folla de cálculo.
  3. Depura borrando as columnas que non nos interesan, quedaremos só coa dos anos e a da variación de temperatura.
  4. Fai unha gráfica que quede estupenda e pégaa no teu caderno.
  5. Está subindo a temperatura do noso planeta conforme avanzan os anos?