“Toleou o tempo?”

Estes días tivemos a temperatura máis baixa dende que hai rexistros en España. O noso tema destas datas vai ser aprender sobre medio ambiente, clima, contaminación,…

O teu traballo:

Bótalle un ollo a este artigo e responde no teu caderno ás preguntas:

  1. Na opinión do autor, o cambio climático é unha realidade? Está causado polo ser humano ou é un fenómeno natural? Cita entrecomiñas as partes do texto onde aclara estas cuestións
  2. Dende que ano hai rexistro de temperaturas no planeta?
  3. Que tres feitos son consecuencia do cambio climático segundo o autor?