Sube a temperatura do planeta?

Fálase do quencemento global e do antropoceno pero imos facer as nosas propias gráficas. Busquei os datos en sitios que parecen fiables: NOAA que é unha axencia estadounidense que recopila datos de temperatura. Para que a descarga sexa máis sinxela atopei que na FAO, unha organización da ONU, facilítase a descarga.Deshielo de glaciares

O teu traballo:

  1. Visita a páxina da FAO e escolle as opcións que che resulten máis interesantes, p.e datos de Europa, de variación de temperatura, por ano meteorolóxico (alá abaixo) e se queres de todos os anos dos que ten rexistro. Para nós é habitual usar a coma nos decimais.
  2. Descarga os datos, escolle baixar un ficheiro .csv e ábreos nunha folla de cálculo.
  3. Depura borrando as columnas que non nos interesan, quedaremos só coa dos anos e a da variación de temperatura.
  4. Fai unha gráfica que quede estupenda e pégaa no teu caderno.
  5. Está subindo a temperatura do noso planeta conforme avanzan os anos?

Recursos naturais: a auga

  1. Cal é a diferencia entre os recursos renovables e os non renovables?

  2. Cando se produce a sobreexplotación dun recurso?

  3. Que é a capacidade de carga? En canto se estima?

  4. Cales son os avances que constituiron a Revolución Verde?

  5. Vantaxes e pegas da Revolución Verde.

  6. Que subministro constante de auga precisamos?

  7. Cantas persoas non teñen acceso á auga no planeta?

  8. Fai un gráfico de queixiños indicando os sectores que máis auga consumen.

  9. Que son os acuíferos?

  10. Cando se produce a sobreexplotación dun acuífero?

  11. Que é o nivel freático?

  12. Cando se produce a salinización dos acuíferos?

  13. Onde está a meirande parte da auga no planeta?

  14. En que consiste a desalinización da auga do mar?

“Toleou o tempo?”

Estes días tivemos a temperatura máis baixa dende que hai rexistros en España. O noso tema destas datas vai ser aprender sobre medio ambiente, clima, contaminación,…

O teu traballo:

Bótalle un ollo a este artigo e responde no teu caderno ás preguntas:

  1. Na opinión do autor, o cambio climático é unha realidade? Está causado polo ser humano ou é un fenómeno natural? Cita entrecomiñas as partes do texto onde aclara estas cuestións
  2. Dende que ano hai rexistro de temperaturas no planeta?
  3. Que tres feitos son consecuencia do cambio climático segundo o autor?