Diálogo sobre os mundos

Comentamos na aula sobre o libro de Galileo Diálogo sobre os dous principais sistemas do mundo. É un diálogo entre dúas persoas nas que un defende o sistema ptolemaico e outra o copernicano.

O teu traballo:

Propón unha pequena obra de teatro e se tal gravámolo en vídeo, sobre dúas persoas debatindo sobre a orixe do sistema solar. Unha ten que defender o punto de vista científico actual e outra ten que discutilo.

Axencia de viaxes

Traballo que xa comezamos na aula sobre facer unha axencia de turismo interplanetaria.
 
O teu traballo:
Publica no teu blog o folleto dunha proposta de itinerario polo sistema solar visitando algún que outro planeta. Lembra axustar o presuposto, pode ser  a parte máis complexa.