Publicando, inventando e patentando

Despois do traballo no laboratorio xa mencionamos que un científico fai públicas as súas investigacións. Sexa enviando un artigo (paper) a unha revista, subíndoo a internet a páxinas web (que ás veces chámanse repositorios) como arxiv ou ben se a descuberta o merece, patentando unha idea orixinal.

O teu traballo:

Consulta como se redacta unha patente collendo como modelo a que atopamos do tiovivo plegable. Fixádevos que ten que ter un título, unha descrición do que se quere patentar, antecedentes, debuxos e as reivindicacións que vén sendo debullar a idea do que se inventou.

Fai ti unha patente e súbea ao teu blog. Lembra facela o máis parecido á realidade.

De chiripa

Moitas veces sabemos cousas e afirmamos rotundamente que sabemos algo. Pode que esteamos convencidos, incluso teñamos razóns para pensalo incluso que sea verdade o que dicimos pero….e se só é de chiripa?

Gettier revolucionou o que durante 2000 anos parecía unha boa idea e lembrou que ás veces, efectivamente acertamos de chiripa.

O teu traballo:

Investiga aquí e alá e inventa un caso Gettier, ou sexa que tiñas coñecento de algo pero só foi por casualidade.

Atopei este artigo e explica bastante ben do que falamos

Que opinan os veciños da ciencia?

Se consultades aquí tedes os resultados dun estudio sobre a percepción social da ciencia. E se facemos unha enquisa propia para averiguar o que pensa a nosa xente? Que tal se facemos un estudio parecido? Aprendemos así algo de reproducibilidade da ciencia.

O teu traballo:

Deseña unha enquisa con alomenos cinco preguntas parecidas ás do informe indicado e interroga a amigos, compis, familiares e veciños. Polo menos a 20 persoas. Imos ver se no noso contorno temos unha percepción mellor ou peor da ciencia.

No ordenador tes que facer o volcado de datos e mostrar os teus resultados con gráficos nun pequeno informe a modo de paper.

Realidade para escépticos

Podemos afirmar con rotundidade cousas sobre a realidade?  Seguro que eu non son un cerebro nun frasco que recibe impulsos idénticos aos que recibe calquera ser humano e estou tan ben programado que realmente vivo engañado con que son un ser humano?selective focus phot of artificial human skull

É o argumento  que podemos ler aquí na wikipedia

O teu traballo:

Redacta un pequeno conto de ciencia ficción que teña que ver coa realidade e co engaño.

Temos un post publicado aquí onde hai máis do que se ve a primeira vista. Sodes quen de ir máis alá?

Como sabemos o que sabemos?

Imos reflexionar un chisco sobre o que significa o coñecemento. Sabemos unha chea de cousas pero igual non nos paramos a pensar de onde sacamos todo ese coñecemento.

O teu traballo:

  1. Fai unha listaxe de dez cousas que sabes.
  2. Por que podes dicir que sabes esas cousas?
  3. Fai unha pequena reflexión no teu caderno sobre as dúas preguntas de Eliot