Estamos instalando servidores de FTP traballando no terminal pero tamén podemos facelo con interfaces gráficas, por exemplo WebMin ou Filezilla.
Penso que non comentamos que Filezilla en Windows é tamén servidor de FTP: sempre podemos telo a man.

O teu traballo:
- Vai á máquina de WebMin comproba que vai a rede e que fas
pinga outras máquinas que teñas prendidas. Instala o módulo de ProFTP. Xa temos outro servidor FTP listo!! - Engade algúns ficheiros-fake para facer probas.
- Accede dende un cliente calquera e fai capturas de pantalla nas que demostres que tes un novo servidor de FTP e que podemos acceder a el.
- Descarga na túa máquina cliente o programa chamado Filezilla ou ben aquí ou se prefires a versión Portable para usar en Windows. Fai un pequeno titorial de como usalo con calquera dos nosos servidores de FTP.
