Apache en Webmin

Temos a man a máquina na que instalamos Webmin? Se non cómpre volver a instalalo. A actividade de hoxe vai ser montar un servidor apache en modo gráfico.

O teu traballo:

  • Lembras como se iniciaba Webmin? era cousa do porto 10000
  • Haberá que instalar o paquete de apache2. Xa o fai Webmin cun Pulse aquí :
  • Actualizando aparece en Servidores. Escollendo onde di Apache WebServer fixámonos onde deben ir os sitios web: onde sempre!!!
  • Fabrica un ficheiro boas.html e méteo na carpeta típica de apache2
  • Nunha  nova lapela podemos ver esa páxina web tan estupenda? Mostra a túa.
  • Inventa ti un sitio novo co seu directorio máis o seu index.html. En Webmin a configuración debe ser algo así como:

  • Lembra o servidor de DNS ou /etc/hosts. Demostra que funciona no navegador tecleando http://www.webita.gal

  • Por certo… aquelo dos propietarios dos ficheiros… aquel www-data
  • Agora imos xogar un chisco. Non vos parece sosa a páxina que sae cando hai un erro 404? Vouna personalizar. Facendo clic na bóla do mundo do meu sitio vou a Manejo de errores

  • No navegador inventa algo tipo http://www.webita.gal/asdf. Mostra o teu resultado.
  • VOLUNTARIO: Alguén se atreve a modificar o porto a 8888? e un sitio web seguro?
Máis información