O que trae moodle

Xa descargamos moodle coma módulo de bitnami e xa instalamos? Imos ver todo o que fixemos.

O teu traballo:

  • Tes arrancado XAMPP? Están activos apache e mysql?

/opt/lampp/manager-linux-x64.run &

  • No navegador tecleamos http://localhost/moodle

  • Nivelón!! xa son profe dun curso nunha páxina web. Agora haberá que contar algo…
  • Entro coma user, non coma guest
  • Xa teño o control do meu sistema de e-learning.
  • Mostra que das entrado e argalla todo o que queiras.
  • No perfil pon o teu logo e instala o paquete de español-internacional e galego.

  • Vai a Axustes de Idioma para escoller o que prefirades
  • Fai capturas de pantalla de todo o que modifiques.
  • Lembra facer unha instantánea da túa máquina virtual.

Instalar moodle

Xa descargamos un paquete de bitnamixxxxxxx.run agora temos que instalalo e ./ no que trae.

O teu traballo:

  • Na carpeta de Descargas modificamos os permisos e instalamos o paquete .run

  • Vainos facendo preguntas e contestamos idioma, deixamos o directorio en /opt/lampp. Eu deixo eso de user e ollo co contrasinal que só quere letras inglesas e números.
  • Inventade un nome para o sitio. Eu vou poñer Aprendendo AppWeb 
  • Aceptamos (ou non) o soporte de correo GMail e cubrimos o que pide
  • Como estamos en fase de desenvolvemento. Indicámosllo con Ajustes para desarrollo
  • Lanzamos moddle con bitnami na nube.
  • Xa está instalado!! aínda que Esto  puede tardar… coa base de datos…
  • Lanzamos Bitnami Moodle module

Moodle no noso servidor: descarga

Lembrades que instalamos na nosa máquina AppWeb un servidor apache empregando XAMPP? A nosa intención de hoxe vai ser instalar un moodle para ese Apache.

O teu traballo:

  • No terminal da máquina de AppWeb sendo root arrancamos o en modo gráfico XAMPP os servidores con:

/opt/lampp/manager-linux-x64.run &

  • Prememos Start no botón para o servidor Apache.
  • Tamén podemos usar sudo /opt/lampp/lampp start
  • No navegador tecleamos http://localhost e debería aparecer a páxina de XAMPP.
  • Abaixo na portada imos a Install applications on XAMPP using Bitnami
  • Facemos clic nos logos
  • Buscamos o de Moodle e escollemos a descarga para Linux
  • Mellor nos damos de alta e así teremos espacio en Bitnami Cloud Hosting