owncloud nun servidor na nube

Lembrades que falamos de Dropbox e usamos tamén Google Drive para almacenar ficheiros? E se na nosa empresa queren ter un servidor de ficheiros propio na nube pero non queren que Google almacene nada?

O teu traballo:

Facendo o mesmiño da tenda de comercio electrónico tedes agora que crear un servidor de ficheiros ownCloud.

Personalización de Joomla!

Abordamos o tuneado desta AppWeb.

O teu traballo:

Mostra capturas de pantalla tras buscar información por internet para facer:

  • Engadir ó usuario i-rochiño no grupo Super User.
  • Engade a etiqueta infantil.
  • Engadir un novo menú no Main Menu que se chame Recetas para nenos con permisos de Súper usuario sendo o Tipo de elemento del menu referido a todos los Elementos etiquetados.
  • Cambiar a plantilla.
  • Engade un módulo tipo Latest Articles.
  • Crea unha nova entrada que se chame Tarta de galletas e que teña a etiqueta infantil e sexa  Destacado

FTP en WebMin

Estamos instalando servidores de FTP traballando no terminal pero tamén podemos facelo con interfaces gráficas, por exemplo WebMin ou Filezilla.

Penso que non comentamos que Filezilla en Windows é tamén servidor de FTP:  sempre podemos telo a man.

O teu traballo:

  1. Vai á máquina de WebMin  comproba que vai a rede e que fas ping a outras máquinas que teñas prendidas. Instala o módulo de ProFTP. Xa temos outro servidor FTP listo!!
  2. Engade algúns ficheiros-fake para facer probas.
  3. Accede dende un cliente calquera e fai capturas de pantalla nas que demostres que tes un novo servidor de FTP e que podemos acceder a el.
  4. Descarga na túa máquina cliente o programa  chamado Filezilla ou ben aquí ou se prefires a versión Portable para usar en Windows. Fai un pequeno titorial de como usalo con calquera dos nosos servidores de FTP.

Apache en Webmin

Temos a man a máquina na que instalamos Webmin? Se non cómpre volver a instalalo. A actividade de hoxe vai ser montar un servidor apache en modo gráfico.

O teu traballo:

  • Lembras como se iniciaba Webmin? era cousa do porto 10000
  • Haberá que instalar o paquete de apache2. Xa o fai Webmin cun Pulse aquí :
  • Actualizando aparece en Servidores. Escollendo onde di Apache WebServer fixámonos onde deben ir os sitios web: onde sempre!!!
  • Fabrica un ficheiro boas.html e méteo na carpeta típica de apache2
  • Nunha  nova lapela podemos ver esa páxina web tan estupenda? Mostra a túa.
  • Inventa ti un sitio novo co seu directorio máis o seu index.html. En Webmin a configuración debe ser algo así como:

  • Lembra o servidor de DNS ou /etc/hosts. Demostra que funciona no navegador tecleando http://www.webita.gal

  • Por certo… aquelo dos propietarios dos ficheiros… aquel www-data
  • Agora imos xogar un chisco. Non vos parece sosa a páxina que sae cando hai un erro 404? Vouna personalizar. Facendo clic na bóla do mundo do meu sitio vou a Manejo de errores

  • No navegador inventa algo tipo http://www.webita.gal/asdf. Mostra o teu resultado.
  • VOLUNTARIO: Alguén se atreve a modificar o porto a 8888? e un sitio web seguro?
Máis información

ssh en webmin

Pode que usar WebMin para montar un servidor ssh non sexa a mellor opción pero poder.. . pódese.

O teu traballo:

Nesta páxina web contan cousas interesantes. Bótalle un ollo e mostra as túas capturas de pantalla. Lembra que podes usar Putty en modo gráfico.