Comparando

Podemos empregar o que se chaman funcións lóxicas para comparar se dúas cousas son iguais, por exemplo. Cotillea na lista de funcións da túa folla de cálculo para ver se atopas unha función que se chame =SE() ou ben =SI() ou pode que =IF()https://i0.wp.com/www.umcaminho.com/wp-content/uploads/2014/11/igualdade.jpg

O teu traballo:

Na mesma libreta de notas de famosos da actividade anterior empregade esta función para obter nunha columna que poña a palabra “aprobado” na fila do alumno que teña unha calificación superior a 5. Pista aquí.

Pescudade por internet para poñer en vermello as cualificacións de menos de 5. Pode que esta páxina axude un chisco.

Lembrade contar como ides facendo e compartide á vosa folla de cálculo feita en Google Drive.