Libreta de notas de famosetes

Hoxe imos xogar a que sodes profes. Tedes unha chea de alumnos con todas as notas do trimestre. O día da avaliación tedes que levar calculadas as calificacións dos alumnos.

O teu traballo:

Nunha folla de cálculo teclea nunha columna os nomes de 20 famosos. Noutra columna as súas notas dos exames orais, dos escritos e das prácticas que fixeron na aula cando eran cativos.

Calcula con funcións as medias  de cada alumno.

Compárteo e engádeo no teu caderno electrónico.

Explica pasito a pasito como usaches as fórmulas nesta folla de cálculo

Facturas

Retomamos o da nosa empresa. Tiña imaxe corporativa, deseñamos sobres e tarxetas de visita. Agora imos facer unha proposta de factura. Colle ideas por aquí.

O teu traballo:https://i0.wp.com/www.exacompta.com/images/produits/references/M-73287S_1.jpg

Fai unha folla de cálculo para usar na túa empresa. Averigua en internet todo o que ten que ter: concepto, prezo, IVE…

Ten que ser de tal xeito que se poño os productos que quero vender e o prezo ten que facer a suma, calcular o IVE e mostrar o total que debe pagar o cliente.

Programa en Google Drive e comparte a folla de cálculo para que eu poda poñer novos productos e faga as contas.

Fai unha chuleta-titorial para lembrar como fixemos.