Se queremos ser uns expertos en follas de cálculo non queda outra que afacernos ás funcións. Son truquillos que nos permiten facer operacións de golpe. O único que debemos lembrar é o signo de igual =====
Coido que xa usamos a ferramenta SUMA() para facer as contas dos nosos gastos. Moitas veñen de fábrica, outras podemos programalas nós… pero eso será outro día. Hoxe imos coas máis sinxeliñas.
O teu traballo:
Unha función chula é CONTA() e serve para…. contar 😉 ou sexa tecleamos unha chea de números ata encher unha columna. Facemos clic noutra casiña calquera. Imos á barra de ferramentas, poñemos o = para indicar que imos traballar con funcións e tecleamos:
=CONTA()
marcamos todos os números da columna e rematamos a paréntese. Xusto ó premer intro a folla de cálculo bota a conta.
Poñede agora palabras nunha columna. Contade cantas son empregando a función =CONTARA()
Probamos tamén con =MÁXIMO(
Como se averiguará o mínimo? Cotilleade no botón que dá o índice de todas as funcións.
Entrade no voso GoogleDrive, facede o mesmo exercicio e publicádeo poñendo a ligazón na vosa libreta electrónica. Facede un titorial para explicar todo o que fixestes
