Configurando máquinas virtuais

Unha máquina virtual é un ficheiro ó que se lle pode cambiar a configuración para simular un ordenador dos que compramos nas tendas. Temos  unha .ova de Lubuntu que é coa que imos traballar.

O teu traballo:

  1. Indica as características da túa máquina virtual: microprocesadores, cantidade de memoria e adaptadores de rede.
  2. Activa a posibilidade de facer un vídeo do que acontece na máquina virtual: Configuración/Pantalla/Captura de vídeo/Habilitar
  3. Grava un vídeo no que se vexa como creas un usuario chamado xefa con privilexios de administrador no contorno gráfico e compárteo no teu caderno despois de subilo a Google Drive.
  4. Fai unha instantánea e noméaa algo así como Recén creada
  5. Instala as Guest Additions
  6. Fai unha clonación enlazada que se chame Máquina2