Facturas a pagar ou cobrar

Retomamos o da nosa empresa. Tiña imaxe corporativa, deseñamos sobres e tarxetas de visita. Agora imos facer unha proposta de factura. Colle ideas por aquí.

O teu traballo:https://i0.wp.com/www.exacompta.com/images/produits/references/M-73287S_1.jpg

Fai unha folla de cálculo para usar na túa empresa. Averigua en internet todo o que ten que ter: concepto, prezo, IVE…

Ten que ser de tal xeito que se poño os productos que quero vender e o prezo ten que facer a suma, calcular o IVE e mostrar o total que debe pagar o cliente.

Programa en Google Drive e comparte a folla de cálculo para que eu poda poñer novos productos e faga as contas.

Fai unha chuleta-titorial para lembrar como fixemos.

Encadernacións especiais

Ó longo da historia empregáronse diversos materiais para fabricar os libros e encadernacións moi distintas. Paga a pena aprender un chisquiño do tema.

O teu traballo:https://i0.wp.com/www.ikkaro.com/files/u924/encuadernar-paso-paso.jpg

Averigua o que é o papiro e o pergamiño.

Fai unha lista de materiais que se empregaban para decorar as encadernacións.

Que é a encadernación en cartoné?

Busca imaxes de encadernacións luxosas ó longo da historia.