Coñecementos avanzados

compartir

Deixo materiais para que ampliedes os vosos coñecementos:

Encadernación

Polas circunstancias da vida 😉 de cando en vez deixamos os ordenadores e voltamos ó papel. E cando temos moito cómpre encadernalo. Móstrovos unha presentación na que se fala da  encadernación funcional de documentos.

Para o meu gusto ten moooitísima información polo que imos ter que elaborar as nosas notiñas.

https://i0.wp.com/espanafascinante.com/wp/wp-content/uploads/panoramica_artesania_encuadernacion_madrid_BI.jpg

O teu traballo:

Pois  imos traballar en papel: tedes que xogar a ser xornalistas e tomar nota do que se vos mostra na presentación e elaborar un texto no que abordedes as ideas máis importantes.

Escribide un post coas vosas notas e un par de fotos das ferramentas utilizadas.

Inseride un esquemita feito como xa aprendimos en bubbl

Cableado estructurado

Que acontece cando xa teño conectado ó cable ó meu ordenador? Cómo chega internet por cable á nosa casa?

https://i0.wp.com/ttsipanama.com/wp-content/uploads/2015/09/cableado2.pngO teu traballo:

Elabora unha definición de cableado estructurado

Cal é a diferencia entre o cableado vertical e o horizontal?

Enumera compoñentes dun cableado estructurado e insire fotos na túa libreta electrónica. Lembra poñerlles o nome.

Nun plano do instituto sinala por onde vai o cableado. Súbeo á túa libreta electrónica.