Un traballiño simpático que nos pode quedar chulo: xa fixemos unha chea de cousas do tema de cables. Que tal se gravamos un podcast (ou programa de radio) e colgámolo na libreta electrónica?
O teu traballo:
Precisades poñervos de acordo cun pequeno guión e unhas preguntiñas.
Xunto cun compañeiro decidides quen é o entrevistador e quen resposta ás preguntas.
Co móbil gravade nunha habitación na que non haxa moito ruído.
Subídeo á conta de iVooX tal como contamos neste artigo anterior.
Compartídeo e incrustádeo na vosa libreta electrónica.

