Té quentiño

Non sei como acabamos falando de cousas quentes e frías. Paréceme unha pasada esta a foto. Sacouse lanzando té moi quente nun lugar onde facía moito frío. Algunha idea do que acontece? Non é unha preciosidade? Tedes máis información aquí e explicacionciñas aquí

Que idioma falamos no LibreOffice?

Seguimos traballando co LibreOffice Calc e precisamos saber o idioma do programa.https://i0.wp.com/www.loquesomos.org/wp-content/uploads/2015/07/banderas-loquesomos.jpg É moito mellor que todos teñamos instalado o mesmo xa que aprenderemos a usar as funcións e pode variar lixeiramente o nome.

O teu traballo:

Verificar en Ferramentas/Opcións/Configuración de idioma/Idiomas

Para modificar o idioma podemos ir aquí

Outra de cableado

Xa falamos dos cables UTP e dos STP. Existen outros que se chaman FTP. Traballa con esta páxina e resposta ás seguintes preguntas.

O teu traballo:STP3

Cal é o cable de par trenzado máis utilizado?

Cales son as vantaxes del? e as pegas?

Cal é o conector que se emprega con el?

Que ten de especial o STP fronte ó UTP?

Cal é a razón pola que non se usa tanto coma o UTP?

Onde se usa o STP?

Cal é a diferencia entre o UTP e o FTP?

Cal é o máis caro dos tres?

Quen define os estándares para estes cables?

Cales son as diferencias entre as configuracións dos cables e como se chaman?

Que tipo de cable é o da foto? Como o sabes?

Datos e máis datos

Polo de agora só traballamos metendo números pero unha folla de cálculo permite traballar con datas, texto, notación científica, horas, fraccións….

Imos xogar con todas as posibilidades

O teu traballo:

https://antinomiaslibro.files.wordpress.com/2013/02/datos.jpeg

Clic nunha casiña que non teña nada, co botón da esquerda escolle Formatar as celas e escolle en Números/Categoría a opción que se chama Hora.

Acepta e verás o que acontece.

Escolle unhas poucas casiñas onde teñas tecleados número e escolle Formatar as celas/Números/Categoría/Porcentaxe.

Fai o mesmo co resto das Categorías.

Con cada categoría poderemos facer unhas operacións ou outras. Lembrade ter conta desto

Follas de cálculo como bases de datos

En realidade deberíamos aprender a facer bases de datos. Unha opción un tanto cutrilla é usar unha folla de cálculo. Imos engadindo os ítems que precisemos e recheando a táboa.

O teu traballo:ddda

Facer unha previsión de gastos para este trimestre (usando o botón do sumatorio)

Facer unha axenda cos nomes dos compañeiros e os seus datos dixitais (correo electrónico e URL profesional)

Crear en Google Drive unha base de datos cos libros que imos lendo. Ten que ter os campos: autor, título, editorial e puntuación. Publicade o documento engadindo na vosa libreta electrónica a URL desta biblioteca.