Garry Bardin

Na titoría de hoxe convideivos a ver esta curta. Se queredes aportar a vosa opinión nos comentarios agradézovolo. Xa en clase charlamos un chisquiño:

 

Un dos resumos que atopo en internet:

The consequences of joining the world of new ideas and about how distorted the followers of the search of eternal truths can be.

Algo así falamos na clase 😉

Dichosas unidades

Canto é un ferrado? Pois depende, onde son eu seguro que é menos que onde vós. Hai anos os enxeñeiros puxéronse de acordo para empregar as mesmas unidades de medida pero aínda así non deron feito. Os estadounidenses de cando en vez usan onzas, pes e unidades semellantes. Para os cables de rede pasa o mesmo.

O teu traballo:https://i0.wp.com/www.espacioforestal.org/espacio/images/fanega.jpg

Averigua o que significa AWG consultando por exemplo, aquí

Mira no cable de rede que sae do teu ordenador e anota o seu valor de AWG

Cantos milímetros son?

Cal é o AWG aconsellado para a categoría 5e e para a 6?

Cales son as pegas de usar un por outro?

 

Ingresos – gastos

A nosa empresa imaxinaria tivo moooitos gastos este ano e por suposto ingresos a manchea. Facendo as contas é rendible?

O teu traballo:Gastos2

Nunha folla de cálculo fai dúas táboas, unha cos ingresos e outra cos gastos.

Usando o botón de suma calcula cada total

Nunha casiña nova fabrica a fórmula que reste os ingresos dos gastos. Xa vos boto unha man eu.

Es un empresario/a de éxito?

Fai o mesmo coa  contabilidade doutra empresa no Google Drive, publica a folla de cálculo e na túa libreta electrónica insire a ligazón. Fai unha gráfica XY da evolución do balance contable ó longo dos anos e incrústaa na libreta

Mercando cables

Normalmente mercaremos os cables de rede xa listos nas tendas pero nalgúns casos pode que precisemos facelos para que se adapten ás nosas necesidades.https://i0.wp.com/www.motesa.com/wp-content/uploads/2015/11/CABLES-MURRELEKTRONIK.png

O teu traballo:

Fai unha comparativa de prezos de cables indicando as ligazóns das distintas webs nas que se poden mercar. Cal é o máis barato e o máis caro por metro?

Facemos concurso, gaña o que o atope máis barateiro, tanto UTP, FTP ou STP

Puuufffff as funcións!!

Se queremos ser uns expertos en follas de cálculo non queda outra que afacernos ás funcións. Son truquillos que nos permiten facer operacións de golpe. O único que debemos lembrar é o signo de igual =====

Coido que xa usamos a ferramenta SUMA() para facer as contas dos nosos gastos. Moitas veñen de fábrica, outras podemos programalas nós… pero eso será outro día. Hoxe imos coas máis sinxeliñas.Sen titulooo

O teu traballo:

Unha función chula é CONTA() e serve para…. contar 😉 ou sexa tecleamos unha chea de números ata encher unha columna. Facemos clic noutra casiña calquera. Imos á barra de ferramentas, poñemos o = para indicar que imos traballar con funcións e tecleamos:

=CONTA()

marcamos todos os números da columna e rematamos a paréntese. Xusto ó premer intro a folla de cálculo bota a conta.

Poñede agora palabras nunha columna. Contade cantas son empregando a función =CONTARA()

Probamos tamén con =MÁXIMO(

Como se averiguará o mínimo? Cotilleade no botón que dá o índice de todas as funcións.

Entrade no voso GoogleDrive, facede o mesmo exercicio e publicádeo poñendo a ligazón na vosa libreta electrónica. Facede un titorial para explicar todo o que fixestes