Polo de agora só traballamos metendo números pero unha folla de cálculo permite traballar con datas, texto, notación científica, horas, fraccións….
Imos xogar con todas as posibilidades
O teu traballo:
Clic nunha casiña que non teña nada, co botón da esquerda escolle Formatar as celas e escolle en Números/Categoría a opción que se chama Hora.
Acepta e verás o que acontece.
Escolle unhas poucas casiñas onde teñas tecleados número e escolle Formatar as celas/Números/Categoría/Porcentaxe.
Fai o mesmo co resto das Categorías.
Con cada categoría poderemos facer unhas operacións ou outras. Lembrade ter conta desto

