Test-enquisa

Podemos facer unha especie de xogo de preguntas e respostas. Abonda con facer clic no botón Engadir enquisa que está a carón de Engadir multimedia.https://i0.wp.com/comoservirconexcelencia.com/blog/wp-content/uploads/2011/04/Encuesta-de-calidad-de-servicio.jpg

O teu traballo:

Fai tres preguntas do tema que estamos traballando. Xa veremos se é difícil e  os compis non saben contestala !!!!

 

Publicar audios e podcast feitos por nós

Preguntábades como podedes facer para engadir audio nas vosas libretas electrónicas. Non vai o botón Engadir multimedia: non  lle valen os formatos de arquivos de audio. Queremos algo así, non é?


Tamén podemos convidar a descargar

Ejemmmm, vale…… o audio non é gran cousa.mong

Como facer:

Hai que abrir unha conta en iVoox. Lembrade dar o noso correo “profesional”

Facer clic en SUBIR

Cubrir tooodo o que preguntan (non cola intentar escaquearse). Metín incluso a foto !!

Na esquinita arriba á dereita está o voso nome.

Facedes clic en Mis Contenido <sic>

Á dereita do título tedes que premer no olliño:

Podedes escoitar o voso audio,  pero xusto debaixo de reproducir (ver imaxe) está Compartir: clic. Escollemos Reproductor, e…. abaixo, abaixo de todo ….está o código que tedes que copiar. Collede o axeitado para WordPress para pegar na vosa libreta electrónica. Aviso: ten pinta espantosa: [audiobla blabalbalal…].

Eu axudeime con este blog. Se cadra explícao mellor ca min.

 

Estudio estatístico

Nas tripas do WordPress temos o botón Engadir enquisa. Facendo clic deixavos poñer un cuestionario. Podedes deseñalo a gusto.

O teu traballo:

Pensa unha pregunta que queras facer ós teus compañeiros. Pode ser de deporte, pelis, música,…

Preme en Engadir enquisa.

https://i0.wp.com/quehacenlosdiputados.net/wp-content/uploads/2013/12/preguntas.jpg

Fai a túa pregunta e deixa cinco posibles respostas.

Convence ós teus compis para que participen na enquisa.

Cando teñas dez respostas leva os resultados  a unha folla de cálculo e fai un gráfico de queixiños.

Fai un artigo na túa libreta contando como  fixemos este traballiño.

Imos de rebaixas

A nosa empresa está de saldos e queremos facer uns descontos estupendos ós nosos clientes.

O teu traballo:

Nunha folla de cálculo fai unha lista de productos e ponlles os seus prezos. rebaixas-20153Engade unha columna co prezo das primeiras rebaixas que van ser do 20% as segundas serán do 45% pero nas terceiras rebaixas tiramos os prezos cun saldo do 70%

Fai unha folla de cálculo que bote as contas en cadansúa columna. Publícaa e pon a ligazón na túa libreta electrónica. Fai un pequeno titorial explicando paseniño o que fuches facendo.

 

Creando documentación sobre cables

Xa sabemos unha chea de cousas sobre cables de comunicación. Agora imos reelaboralo todo e liberalo en internet: ben cheo de fotos, gráficos e esquemas. Confío que teñades moitas visitas. Ben sabedes que me parece fatal que teñades máis ca min 😉

O teu traballo:https://i0.wp.com/www.foxize.com/blog/wp-content/uploads/2013/10/apuntes.jpg

Elaborade uns apuntamentos con todo o que levamos aprendido de cables.

Abride unha conta issuu que é un sitio web de publicación gratuíta de revistas.

Con ese material fai unha presentación e súbea á túa conta de slideshare.

Abre un novo artigo na túa libreta electrónica e incrusta as ligazóns ós dous documentos que acabas de elaborar.

Podedes empregar todos os recursos cos que fomos traballando.