Vivindo co certificado

Teño que ir identificarme persoalmente para que me dean o certificado para min solito. Que podo facer con el?

O teu traballo:

Cotillea nesta web e conta na túa libreta electrónica os trámites coa administración  que podes levar a cabo co teu certificado dixital.

E na Xunta? Busca información

https://sede.xunta.es/tema-sede-electronica/images/fondos/cabeceira.jpg

 

Advertisements

Certificados en Firefox con Linux

A Fábrica Nacional de Moneda y Timbre cóntanos no vídeo como solicitar un certificado empregando Windows e Internet Explorer. Nós imos investigar como facer o mesmo pero en Linux e con Mozilla Firefox.

Pistas para ir facendo paso a paso aquí, ou aquí (para quen prefira un pdf) e un pouco antigo pero pode servir esta tamén. A receta sería:

  1. Para obter os ficheiros da FNMT aquí
  2. Para solicitar o certificado aquíhttps://i2.wp.com/firefoxmania.uci.cu/wp-content/uploads/2011/05/firefox-linux.jpg
  3. Acreditar a vosa identidade corre da vosa conta 😉

O teu traballo:

Fai un screencast para subir a slideshare e incrustar na túa libreta no que contes a todo o mundo o resultado das túas pesquisas e como solicitar un certificado en Linux con Firefox

Alguén se anima a facelo no móbil?

Que é un certificado dixital?

Imos aprender un chisco máis desto dos certificados dixitais. Estupenda esta páxina.

http://www.museocasadelamoneda.es/documents/11610/18833/avisolegal.gif/921c9178-f7d8-4f07-8e5d-3214fedb74b7?t=1362749576779

O teu traballo:

  1. Que era un certificado dixital?
  2. Cando vou eu asinar un papel a facenda é mellor que cando o asino dixitalmente?
  3. Sempre é un ficheiro?
  4. Pon un exemplo dun certificado dixital tipo hardware
  5. Quen emite os certificados dixitais?
  6. Que acontece cando asino nunha páxina web co meu certificado?
  7. Que validez ten un certificado da FNMT? e os do DNI electrónico?
  8. Que é un certificado raíz?

Como saben que eu son eu?

Cando facemos calquera trámite coa Administración, sexa o concello, a xunta ou o ministerio debemos identificarnos. Con internet xa non temos que ir ó sitio pero…. como sabe a Administración que eu son quen digo que son?

O teu traballo:

  1. Averigua o que é o DNI electrónico
  2. Cales son os seus usos?
  3. Que información garda o chip?

Para acceder á información que se garda no dni electrónico temos programas que son quen de mostrar o que hai no chip. Aquí un artigo cunha suxerencia para o móbil.

Aquí un artigo sobre a tecnoloxía NFC e o futuro DNI 3.0

Como saben que eu son un ser humano?

Cando abrimos unha conta en internet  debemos identificarnos. Como sabe a páxina na que estou que son un ser humano e non un ordenador  programado para abrir contas a chorrón?CAPTCHA_google

O teu traballo:

Na túa libreta electrónica resposta a:

  1. Cando abrimos a conta en gmail, que datos persoais nos pide?
  2. Para que se usa o captcha? Que é un spambot?

No fondo ten que ver co que se chama o Test de Turing que é un tema interesante de debatir, ten que ver coa intelixencia artificial….. Charlamos deso un rato? Coñecedes a Alizia? En inglés mellor cleverbot