Repaso de fotocopiadoras

Imos comprobar se somos expertos de verdade:

O teu traballo:

Propón ti mesmo na túa libreta electrónica tres preguntas do tema

Advertisements

Escolma de reprografía

Xa sabemos dabondo de fotocopiadoras e imos xuntar todo con sentidiño nun documento.https://i.ytimg.com/vi/bH3vy-ImI34/hqdefault.jpg

O teu traballo:

Fai unha presentación ós compañeiros de toda a información que temos. Expórtaa a .pdf, publícaa na túa conta de SlideShare e insírea na túa libreta electrónica.

Que tal van as nosas estatísticas? Temos moitas visitas en SlideShare?

Tipos de fotocopiadoras

Anda que non hai onde escoller para mercar unha fotocopiadora!!!! Hoxe tedes que investigar os tipos de fotocopiadora que existen no mercado e contárnolo.https://i2.wp.com/materialyoficina.es/blog/wp-content/uploads/2015/01/tipos-de-papel-apropiados.jpg

O teu traballo:

Empregando por exemplo este documento fai  esquemas dos tipos de impresoras no noso querido bubbl, neste outro que se chama mindmup ou experimentade con mindmapfree.  Lembra publicalo na túa libreta.

Tripas da fotocopiadora

Encantoume esta imaxe: alguén colleu unha fotocopiadora e cortouna polo medio a machado!!! Vese moi ben os tóner de cores, os almacéns de papel, os rodillos e unha chea de partes que tedes que saber nomear.

https://i1.wp.com/difundir.org/wp-content/uploads/2015/04/m16.jpg

O teu traballo:

Busca un debuxo dunha fotocopiadora que indique as súas partes e pégao na túa  libreta electrónica. Explica os nomes das partes que aí aparecen e a súa función.

 

Fotocopias a chorrón?

Se un autor tarda moito tempo en escribir un  texto que quere vender. É ético conseguilo sen pagar o traballo do autor? Podo fotocopiar un libro meu e deixar as copias a un amigo? Ou levalas á biblioteca para subliñar sen estragar o meu libro? Podemos fotocopiar un libro enteiro? Poden facelo os profes?

https://i2.wp.com/www.laweblegal.com/blog/wp-content/uploads/2015/01/leyes.jpg

Existen unhas leis que regulan todo esto.

O teu traballo:

Na libreta electrónica anota:

  1. Que é a propiedade  intelectual?
  2. Consulta esta páxina de avogados e  resposta ás preguntas:
  3. Que pode supoñer fotocopiar un libro?
  4. Se o instituto fotocopia os libros de todos os alumnos para vendérllelos, que pode pasarlle?
  5. Que significa explotar os dereitos dunha obra?
  6. Teño dereito a facer unha copia para min soa, que non vou vender?
  7. É legal que me pasen en .pdf o derradeiro libro de Harry Potter que aínda non chegou ó mercado?

Mirade as condicións da Biblioteca Nacional para permitir a reprografía:

  1. Cantas fotocopias permite sacar dun libro?
  2. Que porcentaxe dunha obra podo fotocopiar?
  3. Podo fotocopiar o xornal de hoxe?
  4. Cal é a razón pola que non deixan fotocopiar libros anteriores a 1959? Insere unha imaxe dun microfilm.

Xa postos a fotocopiar, mirade o que fixo este paisano