Arquivo para a etiqueta “planificación”

Planificación mixta

Deixovos aquí un boletín con exercicios un chisco máis difícil dos que fixemos ata agora. Moito ánimo.sudor

O teu traballo:

Desta volta non tedes que resolvelo no blog. Só é para practicar e para que o teñamos a man.

Algoritmo por prioridades

Se algúns dos procesos que temos que planificar é moi importante podemos asignarlle unha prioridade para que se cole antes.prioridades

O teu traballo:

Conta na túa libreta electrónica cun exemplo nun diagrama de Gantt como se planifican os procesos con este algoritmo.

Anota tamén o uso do comando nice en linux

Algoritmo de Round-Robin

Outro dos xeitos de organizar o traballo é o algoritmo de Round Robin que consiste en dedicarlle un tempo determinado  (chamado quantum) a cada proceso.5617016190_6a89600088_b

O teu traballo:

Conta na túa libreta electrónica cun exemplo nun diagrama de Gantt como se planifican os procesos con este algoritmo.

SJF

Non sei a vosa experiencia pero na carnicería sempre hai alguén que se cola dicindo que o seu “só é un momentiño”. Teñen razón, coller número para que nos atendan e agardar cinco persoas non ten en conta que alguén remate un intre. Por eso invsjfentouse un algoritmo que teña en conta que facer agardar procesos que se fan nun plis non paga a pena.

O teu traballo:

Inventa unha situación como a vista na aula na aula e aproveita para explicar coas túas palabras como funciona o algoritmo SJF

FIFO

Xa lle botamos unha man ó noso panadeiro agora é o teu momento. Se cadra axuda esta anotación.

article-2731570-20b5310900000578-350_634x424O teu traballo:

Inventa unha situación que requira planificación. Úsaa como excusa para explicar coas túas palabras como se fai un diagrama de Gantt co algoritmo FIFO para resolvela

Navegación de artigos

%d bloggers like this: