Fabricando e-Libretas

Imos fabricar a infraestructura para traballar. Crearemos un sitio web que usaremos coma a nosa libreta de clase. Seredes os propios administradores da vosa e-Libreta.

fabricando-llantasRevisareina de cando en vez polo que debedes tela sempre actualizada. Lembrade que no mantemento inclúese eliminar os off-topic: as entradas ou comentarios que non teñan que ver co tema que tratamos. Sempre podedes crear un blog persoal coas vosas cousiñas. Agora xa sabedes 😉

O teu traballo:

-Creamos unha conta en gmail para uso profesional (non valen as que xa tedes persoais)

-Creamos un blog en wordpress para usar con cousas do instituto (non valen os que xa tedes persoais)

-Escribe a túa primeira entrada presentándote que teña unha ligazón a rocho-950x264.png

-Deixade nos comentarios deste artigo a ligazón da vosa libreta electrónica para que poida poñela no índice

Consellos:

  • poñede o mesmo nome de usuario, non é necesario pero aconséllovolo
  • coidadiño cos contrasinais: se os esquecedes non podedes continuar traballando

 

Advertisements

Rematando e publicando….

Prometín que  vos ía contar como podedes descargar as vosas libretas electrónicas.

O primeiro é baixalas de WordPress. Existe un servizo que se chama PressBooks que é gratis 😉 podedes fabricar .pdf, .epub, .mobi e outros formatos que non coñezo de nada. Se queredes ter un libro en papel de verdade daquela hai que pagar un chisco, pero eso é cousa vosa.

Polo de agora non sei esquivar a publicidade, pero non é moi invasiva, algunha axuda nos comentarios?

https://i0.wp.com/static1.esoterismos.com/wp-content/uploads/2009/01/frases-de-despedida.jpg

O teu traballo:

Entra na túa libreta electrónica coma sempre e no menú Ferramentas escolle Exportar.

Crea unha conta en PressBooks

Vai ó menú Herramientas e Importar

Tes que subir o ficheiro .xml que exportaches antes

Vai ó menú Apariencia e busca o teu tema favorito

O menú Exportar fai xusto eso. Xa tes a túa libreta electrónica no teu ordenador.

Publicando na nube

cahPara traballar na nube precisamos ter aberta unha conta algún sitio web que ofreza servizo en remoto, por exemplo Google Drive (usaremos a conta que xa creamos en gmail)

Entramos e poñemos nome de ficheiro e escribimos o contido desexado. Non precisamos gardar xa que se fai automaticamente

O teu traballo:

Escribe unha carta comercial.hca

Ir a Ficheiro/Publicar na web…

Comprobar na URL que nos dá se efectivamente funciona

Deixade nos comentarios unha URL coa vosa carta para que poidamos vela todos.

Ir a Ficheiro/Descargar como … e elixir a opción Documento PDF (.pdf)

Comprobade que o descargou no voso ordenador. Botádelle un ollo.

Facede unha entrada na libreta electrónica e colgade o .pdf que descargamos de Google Drive

Crear tipografías

No procesador de texto temos moitos tipos de letras: Arial, Times, Comic sans, etc

Que opinades da idea de que fabriquemos un tipo de letra nós mesmos? Nesta páxina web podemos deseñala:

Facemos un pequeno concurso da máis chula? Lembrade que se teñen que distinguir ben unhas letras das outras.

Nesta outra páxina podedes cotillear e descargar tipos de letras.

Ehhhh, vexo que nos están quedando moi ben. Imos poñelas a disposición de todo internet. Imos paseniño, vouvos botando unha man:

O teu traballo:

  1. Deseña unha tipografía que quede chula
  2. Descárgaa e instálaa no teu ordenador
  3. Escribe un parrafito con ese tipo de letra no teu procesador de textos favorito
  4. Fai un volcado de pantalla
  5. Sube o ficheiro coa extensión .otf e a imaxe do volcado de pantalla á túa libreta electrónica
  6. Engade unha entrada na que documentes o que ten que facer un lector da  libreta para fabricar unha fonte no seu ordenador. Ponlle de título A miña tipografía

Se atopades algunha páxina tipo esta de metaflop ou algún programa para facer tipografías sería estupendo que o engadades nos comentarios.

Libretas electrónicas de 1º

Por favor, deixade as ligazóns das vosas libretas electrónicas xa fabricadas nos comentarios deste artigo.

libretas juglar_08

  1. Copiades cadansúa URL
  2. Clic en Deixar un comentario ou no bocadillo desta entrada á esquerda
  3. Pegades o enderezo

 

Se queredes visitar as libretas dos vosos compañeiros para deixarlles comentarios agarimosos, construtivos ou para darnos ánimos, … 😉

índice de libretas aquí

Acabamos de abrir unha nova sección coa que colgaremos contidos de inglés. Lembrade escoller a categoría correcta para cada artigo !!

Fabricamos unha libreta electrónica

Imos crear un sitio web que usaremos coma se fora a nosa libreta de clase. Seredes os propios administradores da vosa web-libreta.

Revisareina de cando en vez polo que debedes tela sempre actualizada. Lembrade que no mantemento inclúese eliminar os off-topic ou sexa as entradas ou comentarios que non teñan que ver co tema que tratamos. Sempre podedes crear un blog propio coas vosas cousiñas 😉

Pasos a seguir:

  1. Creamos unha conta en gmail
  2. Creamos un blog en wordpress

Consellos:

  • poñede o mesmo nome de usuario, non é necesario pero aconséllovolo
  • coidadiño cos contrasinais: se os esquecedes non podedes continuar traballando

Deixade nos comentarios información sobre outros sitios web que coñezades nos que podamos abrir contas de correo ou crear blogs