Arquivo para a categoría “Xeral”

Xa de volta!!

Feliz ano a todos!! Benvidos de volta.

rocho-950x264.png comeza este ano con algunhas novidades: xa non somos un rocho-blog agora xa nos multiplicamos coa esperanza de poder traballar con internet na aula (POR FIN teremos internet no instituto????):

  1. Cambiouse a organización dos widgets da dereita.
  2. As vosas libretas están un pouco máis abaixo se queredes cotillear as dos compis.
  3. Engadiuse un novo apartado chamado Anotacións, o que vén sendo un blog estático.

Esta é a gran novidade. Non sei será do voso gusto pero a min paréceme que imos ter que melloralo. 😦  Esa é a idea. Ir anotando todo o que falamos e fagamos na aula para ter todos o un material común. Eu xa fun facendo:

Sistemas Operativos Monoposto

Montaxe e mantemento

Xa vos liarei para que fagades forks e pull request e…. toooodo o que se nos vaia ocurrindo. Benvidos 😉

Por xogar con blog estáticos

Boas. logo-workingplace-bordeblancoHoxe deume por xogar cun proxecto que tiña esquecido: Probar e facer blogs estáticos. A idea é ter as miñas anotacións sempre accesibles (esto… supoñendo que se teña internet).

Está en obras pero podedes consultar o blog:

http://irocho.github.io/

 e se tedes curiosidade por ver como se fai fun contando o que ía facendo en:

http://irocho.github.io/wiki

Se alguén quere clonar ou facer fork paréceme estupendo. Algún día falaremos dos Pull Request. Hummm!!!! precisamos internet!!

Rematando e publicando….

Prometín que  vos ía contar como podedes descargar as vosas libretas electrónicas.

O primeiro é baixalas de WordPress. Existe un servizo que se chama PressBooks que é gratis 😉 podedes fabricar .pdf, .epub, .mobi e outros formatos que non coñezo de nada. Se queredes ter un libro en papel de verdade daquela hai que pagar un chisco, pero eso é cousa vosa.

Polo de agora non sei esquivar a publicidade, pero non é moi invasiva, algunha axuda nos comentarios?

https://i0.wp.com/static1.esoterismos.com/wp-content/uploads/2009/01/frases-de-despedida.jpg

O teu traballo:

Entra na túa libreta electrónica coma sempre e no menú Ferramentas escolle Exportar.

Crea unha conta en PressBooks

Vai ó menú Herramientas e Importar

Tes que subir o ficheiro .xml que exportaches antes

Vai ó menú Apariencia e busca o teu tema favorito

O menú Exportar fai xusto eso. Xa tes a túa libreta electrónica no teu ordenador.

Publicar audios e podcast feitos por nós

Preguntábades como podedes facer para engadir audio nas vosas libretas electrónicas. Non vai o botón Engadir multimedia: non  lle valen os formatos de arquivos de audio. Queremos algo así, non é?


Tamén podemos convidar a descargar

Ejemmmm, vale…… o audio non é gran cousa.mong

Como facer:

Hai que abrir unha conta en iVoox. Lembrade dar o noso correo “profesional”

Facer clic en SUBIR

Cubrir tooodo o que preguntan (non cola intentar escaquearse). Metín incluso a foto !!

Na esquinita arriba á dereita está o voso nome.

Facedes clic en Mis Contenido <sic>

Á dereita do título tedes que premer no olliño:

Podedes escoitar o voso audio,  pero xusto debaixo de reproducir (ver imaxe) está Compartir: clic. Escollemos Reproductor, e…. abaixo, abaixo de todo ….está o código que tedes que copiar. Collede o axeitado para WordPress para pegar na vosa libreta electrónica. Aviso: ten pinta espantosa: [audiobla blabalbalal…].

Eu axudeime con este blog. Se cadra explícao mellor ca min.

 

Curvas Bézier en Inkscape

Para facer curvas chulísimas existe un procedemento que se chama Beziér. Évos complicado dabondo. Estiven buscando vídeos para aprender pero non son moi bos. Botádeme unha man deixando a ligazón nos comentarios se atopades outro mellor.

Que tal este?

Esto….. o inglés non é unha pega para vós, estou segura.   😉

Podedes facer coma no seguinte vídeo, traer unha imaxe e facer o debuxo por riba.  Este é para practicar pintando un morcego:

Para aprender un chisquiño máis, aquí uns truquillos.

Navegación de artigos

%d bloggers like this: